A maxia de Zobra.

No día de hoxe, domingo 27 de maio, organizada por Concellos Saudables, celebrouse a andaina a Zobra e as Liñeiras. Trátase da decimoterceira ruta de sendeirismo que da continuidade a esta actividade e que pretende promocionar a actividade física saudable e asimesmo dar a coñecer os activos naturais e culturais do Concello de Lalín. Vinteoito persoas participaron no roteiro e disfrutaron da maxia das terras de Zobra. O percorrido iniciouse no Espiño, continuou en dirección a Chedas, e posteriormente ascendeuse ao coto de Zobra. Logo o roteiro pasou por Moa e Zobra. A parte final transcurriu polo corazón da devesa de Couso e as Liñeiras ata retornar ao punto de partida. Foron en total 16 quilómetros dunha beleza paisaxística máxima, que permitiu aos sendeiristas admirar este lugar recóndito do noso concello, que temos a obriga de conservar e protexer.

Fotos da andaina:

1. Chedas.

2. Fondo de Moa.

3.

Entrada siguiente
Deja un comentario

Deja un comentario