Expedición dezana ao maratón de Madrid.

O vindeiro domingo día 27 de abril de 2008 celébrase o maratón de Madrid. A esta proba acudirán tres deportistas dezanos, Fran Domínguez, Miguel Brea e Txema Garagorri, que contan co respaldo das firmas PROMUR e TECNOMET. O obxetivo é completar a proba, lograr rematar unha maratón. Pero non será doado, pois o percorrido ten varias partes de subida e pode calificarse coma rompepernas. Foron necesarios meses de preparación con largas sesións de adestramento, para acumular kilómetros e fondo suficiente, en definitiva, lograr ter resistencia física que alcance para cubrir os 42 quilómetros e 195 metros de percorrido, igual que fixo o soldado Fidípides desde Maratón a Atenas, para anunciar a victoria dos gregos na batalla contra os persas.

Moita sorte dende este blog para vos, campeóns. O mundo divídese en dúas clases de persoas, os que lograron rematar unha maratón e os que non. E vos ides estar en primeira clase.