Ruta a Donsión por camiños nevados.

Hoxe día 28 de novembro estaba programada por Concellos Saudables a ruta de senderismo a Donsión. A mañá amaneceu branca. Un manto de neve de dez centímetros de espesor aproximadamente adornaba as rúas de Lalín. Cinco valentes decidimos finalmente facer o percorrido previsto, se ben a intención e facer novamente a ruta a Donsión para que a poidan disfrutar todos aqueles que non se animaron hoxe por mor da neve.

Partimos coma sempre da praza da igrexa de Lalín. O noso punto de encontro. O quilómetro cero das nosas andainas. Baixamos cara o Regueiriño e alí xa atopamos as primeiras postais:

Curioso este acibro cheo de fruto e nevado.

Seguimos polo paseo do río Pontiñas disfrutando das vistas que nos ofrecía a mañá nevada.

Chegamos a carballeira da Crespa.

Seguimos polos camiños que levan dende Filgueiroa ata a autopista:

Os camiños fóronos levando por Estivelle cara a Donsión. Alí paramos na taberna e logramos que nos amosaran a igrexa. Temos que agradecer a amabilidade dos veciños, en especial a Jose Luis, que foi quen nos guiou polos segredos desta igrexa que data do ano 1731 e foi feita por mestres que traballaron tamén na catedral de Santiago. É de estilo barroco.

O primeiro foi dar coa chave. Os veciños amablemente concedéronnos o privilexio de poder visitar o monumento.

A bóveda:

O retablo barroco:

otra del retablo:

Sepultura de Gomez Gil Taboada:

Sepultura de Beatriz Fernández De Gundín:

A visita a esta igrexa de Donsión deixoume impresionado. Unha auténtica xoia do barroco. Sentía tamén curiosidade polas sepulturas de Gomez Gil Taboada e de Beatriz Fernández de Gundín, fundadores do vínculo de Bergazos onde construiron a súa residencia, o pazo de Bergazos. Un dos seis fillos que tiveron chegou a arcebispo de Sevilla e no seu testamento mandou ao seu sobriño, bispo de Lugo, facer esta igrexa e as sepulturas dos pais dentro dela.

Seguimos coa ruta prevista. Fixemos tamén o bucle que lle engadín a este percorrido e que leva cara o fondo de Donsión, polos prados, e antes de chegar alí vese a xunta dos ríos Pontiñas co Asneiro. Despois o percorrido segue un pequeno tramo do camiño de Santiago, a vía da prata, e finalmente, polos camiños da autopista chegamos ao pazo de Bergazos.

Outra das miñas debilidades. O pazo de Bergazos. É unha auténtica mágoa ver cómo este edificio vai sendo unha ruina. Lamentable que non se faga nada polo noso patrimonio, ainda que neste caso está en mans privadas, pero as autoridades debían de facer algo. Este edificio feito en 1692 ainda conserva elementos artísticos de gran valor.

E finalmente retornamos a Lalín. Certamente foi unha xornada especial. Imaxes únicas e irrepetíbeis dun día de neve por lugares únicos, que están eiquí, ao alcance da nosa man. Disfrutei intensamente da ruta na agradable compañía dos catro valentes que se animaron a facer o percorrido. Creo que todos quedamos fondamente satisfeitos.

Repetiremos o percorrido próximamente.

Donsión

Entrada siguiente
Deja un comentario

Deja un comentario