Catasós.

-Un paseo polas carballeiras de Catasós-

carballeira-de-quiroga-baja-resol.jpg

Esta pequena ruta ten 14 quilómetros e pode considerarse de dificultade baixa. Os camiños están ben acondicionados en xeral. A mellor época do ano para facela é a primavera ou o verán. No inverno e no outono pode haber camiños enlamados que dificulten algo rodar coa bicicleta de montaña.

igrexa-lalin.jpg

Partimos de Lalín, da praza da igrexa.

km-0.jpg

Arrancamos na placa que sinala simbólicamente o quilómetro 0 de Galicia.

souto-de-cardiego.jpg

Subimos pola avenida de Bos Aires ata a rotonda de Fenosa. Collemos en dirección a Ourense pola nacional 525. Enseguida nos desviamos cara os camiños no lugar de Outeiro. Imos cara a Regoufe. De alí collemos en dirección a Cobás. Baixamos ata o río e entramos no fermoso souto de Cardiego.

igrexa-catasos.jpgsantiago-v-amp.jpg

Os camiños van en subida ata Antuín. Dende alí imos cara a Catasós. Pasamos por un cruceiro e a beira da igrexa parroquial adicada ao apóstol Santiago.

carballeira-quiroga-hor.jpg

Continuamos cara a Cabreira e pasamos preto da taberna do Cazador. Cruzamos de frente a estrada Nacional 525 e imos cara o monte de Catasós. Nun cruce de catro camiños tomamos a esquerda e baixamos un anaco e logo novamente a esquerda adentrámonos na famosa carballeira de Quiroga catalogada coma monumento natural.

pazo-donfrean.jpg

Baixamos pola fermosa carballeira ata onde se atopan os paneis informativos. Seguimos logo río arriba por un camiño que pasa preto do rego de Quintela e algún muiño que aínda queda. Logo tomamos un carreiro a esquerda e andamos por unha pequena senda ata cruzar o rego de Quintela. Dende alí seguimos entre as árbores ata Belelle e despois pasamos por Donfreán, onde está un fermoso pazo.

lalin-de-arriba.jpg

Para rematar a ruta seguiremos cara o lugar de Outeiro por pista asfaltada e entraremos en Lalín xunto a igrexa románica do século XII, pasando a beira dun fermoso cruceiro, e voltaremos novamente a praza da igrexa rematando no punto de partida, o quilómetro 0.

Mapa da ruta.

mapa-catasos-b-r.jpg

Dejar una respuesta

Su respuesta: