Faro.

NOITE NAS BEIRAS DO FARO

(A Uxío Novoneyra)

A noite no Faro é Dona Loba,

o cantar da curuxa berra morte

e os tordorcos traspexan de pola en pola,

o chus chus dos rabisacos vai e ven e medra

e o vento peta nos carballos vellos dos Novás

e chove maino e garimoso

o tempo non pasa

e os pasos son pra trás

e oubea o lobo

o lobo é grande, groso e fero nos

escurentos

e o meu sangue é vinagre

e as melras, sen acougo chilran negro nas

silveiras

as veces

as guedellas érguense e foxen coa noite

e as pernas esvaídas vanse de min pra lonxe

o sapo toca

noite no Faro é dona loba i eu pronto serei

da noite

PABLO RUBÉN EYRE.

Este poema, que está cincelado nun monolito de pedra na subida ao Faro, ilustra ben o que é este lugar. Especialmente no inverno, a névoa e a choiva miúda tupen a cima desta montaña. Pero se se sobe á cima un día despexado, é un mirador excelente.

É evidente que este lugar é un dos meus favoritos na comarca do Deza. E como reto ciclista, subir a esta montaña, sempre é tentador, aínda que hai que estar ben de forzas. Pola vertente de Chantada, que é por onde máis me gusta subir, hai que subir dende os 574 metros ata os 1129. Polo tanto hai que salvar en 8,6 quilómetros un desnivel de 555 metros, o que nos da unha pendente media de un 6,5% se non erro nas contas. Destaca o quilómetro 4 da ascensión no que a pendente media é de un 9,1%, e o quilómetro 5 chega tamén a un 8,3%.

O día 8 de setembro celébrase cada ano a romaría da Virxe do Faro, estandolle adicada unha ermida na cima. Os romeiros soben de xeonllos por unha pendente sinalada con cruces, para pedirlle favores a Nosa Señora do Faro.

Subida virtual:

Foto 1

Foto 2

Foto 3

Foto 4

Foto 5

Foto 6: cima

Agora baixamos cara a Rodeiro

Seguimos baixando

Despois duns quilómetros favorables, chegamos a Rodeiro

Respuestas

  1. [...] cumplín coa tradición de estes últimos anos. Todo o ano ollando dende lonxe o cumio do monte Faro, decíndolle co pensamento que este ano tamén había de ir por alí. No inverno fai moito frío [...]


Dejar una respuesta

Su respuesta: