Fermosa andaina a Xunta dos Ríos.

A andaina a Xunta dos Ríos organizada por Entornos Saudables Lalín, celebrada o día de hoxe, 25 de novembro de 2012, congregou a máis de trinta persoas. O día foi estupendo, sen choiva e sen moito frío. O percorrido creo que resultou moi completo e atractivo. Nunha distancia de 16 quilómetros visitamos o paseo do río Pontiñas, o Pazo de Bergazos, un muiño, o Castriño e o Castro de Bendoiro, o Pazo de Bendoiro, o Pazo de Eirexe, o Pazo de Liñares, Ponte Taboada, a Xunta dos Ríos Asneiro e Deza e finalmente Camporrapado e chegada final na casa de turismo rural Casa Grande de Fontemaior.

Especialmente emotivo foi o paso por Ponte Taboada. Este ano celébrase o mil cen aniversario da construcción desta Ponte medieval, que aínda conserva todo o seu encanto e segue sendo un símbolo do noso pasado e un activo patrimonial fermosísimo que temos no presente. A posta en valor deste lugar está sendo algo que se debería acometer canto antes por quen corresponda.

Igualmente o Pazo de Liñares empeza a lucir unha estampa espectacular. Se cadra coa restauración perde algo de romanticismo, pero gañará en canto a que a súa conservación parece que vai a quedar garantizada. Agardamos con interés a súa inauguración esperando que se convirta nun referente cultural a disposición de todos os lalinenses.

A confluencia dos ríos Asneiro e Deza tamén é un fermoso lugar que ten unha especial importancia xeográfica, pois nese lugar queda evidente a identidade destes dous cursos fluviais que vertebran Lalín e a comarca do Deza.

Quero agradecer a participación de todos. As andainas de Entornos Saudables van xa pola número 16, todas elas diferentes, todas elas únicas, pero realmente os protagonistas sodes os que participades e vides con todo o interés e entusiasmo a ir engrandecendo este grupo de amigos. Os camiños existen porque hai xente que pasa por eles.

Gracias a todos.

Fotos:

Deja un comentario

2 comentarios

  1. luis

     /  29 noviembre 2012

    Gracias Mundi por crear andainas tan buenas.

    Responder
  2. dezarutas

     /  2 diciembre 2012

    Gracias a vosotros por participar. Entre todos seguiremos dejando huella y haciendo camino. Un saludo

    Responder

Deja un comentario