Porto.

20150104_131127

Esta fin de semana pasada fixen unha visita a Oporto. Seguramente moitos xa a coñecedes. Por certo, topei a xente de Lalín tamén en Oporto. Eu aínda tiña a viaxe pendiente e decidín que xa ía sendo hora de dar unha volta por alí. Gustoume moito. Aínda lles queda bastante por facer, pero nótase que están esmerándose na rehabilitación e poñendo en valor moitos edificios.

A cidade de Porto aparece xa no século VIII antes de Cristo cun núcleo inicial que foi potenciado polos romanos. Os romanos sempre prácticos, intelixentes e emprendedores, estableceron a unha beira do río Douro o seu porto, Portus, e a outra beira do río a vila de Cale, hoxe Vila Nova de Gaia. Portus e Cale, Portucale. Así se chamou o condado de Portucale dependente do reino de León ata 1143, e xerme da futura Portugal.

Na época medieval, nos séculos XIII ao XV, Oporto florece como cidade marítima e comercial. A cidade estaba protexida por unha muralla, e a realiza e o bispo pugnaban por dominala. Posteriormente experimenta novos desenrolos nos séculos XVI e XVIII, especialmente co comercio dos viños. No século XIX Porto estivo a vangarda do liberalismo e progresismo en fronte aos absolutistas. No século XX experimenta unha modernización con novas avenidas e chega ata hoxe sen perder os seus encantos.

20150104_131530

20150103_163301

20150105_131122

20150104_122522

20150103_155513

20150104_174304

20150104_114100

20150105_170548

20150105_190422

Un parking no Candán.

20140427_172021

Cando se pensaba que o catálogo de ocorrencias e desvaríos xa estaba case cuberto, sempre xurde algo novo que nos volve a alucinar. Agora queren facer un parking na serra do Candán. Xa se fala de cómo lle van meter a paleadora á congostra que leva de Bustelos ao chamado Campo da Armada. Pero é que ninguén dos que nos “goberna” se decata do proceso de destrozo contínuo que lle están a causar ao noso patrimonio etnográfico e natural?.

Lembro algúns dos disparates que se propuxeron nos últimos tempos. O do avión na rotonda era francamente difícil de superar. Tamén o da praia paradisíaca no lago do auditorio, no paseo Pontiñas. O de promocionar o cocido no veleiro Juan Sebastián el Cano tamén era unha aposta forte. Bueno, e o da liña de alta tensión arrasando a fraga de Casas Vellas xa é algo incalificable, tal vez a etiqueta de crime ecolóxico quédase curta. A lista sería moito máis longa, pero prefiro deixalo eiquí.

Esa febre da paleadora, do cemento, do asfalto, da tala de árbores, témola coma sempre, e irá en aumento a medida que se achegue o día das eleccións. Dalles igual arramplar con todo. Non lles importa nada máis que o seu apetito de maioría absolutista.

Pero tan difícil é ter un pouco de sentidiño e darlle servizos aos veciños sen destrozar o noso patrimonio?. E non sería mellor habilitar algunhas prazas de aparcamento ao pé da estrada que vai a Bustelos nas proximidades do lugar?. É necesario destrozar a paisaxe e o entorno facendo un macroparking nunha das paraxes máis fermosas que aínda conserva Lalín?

Algúns tivemos a sorte de ver algo do que Lalín foi. Os que veñan xa non o verán.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/10/10/concello-crea-espacio-destinado-aparcamiento/892946.html

Feliz 2015.

 

28112010412

Que no ano 2015 haxa boas rutas para todos.

FELIZ 2015

 

Fragas de Catasós.

carballeira quiroga

Limiar.

As fragas de Catasós constitúen un dos tesouros que a natureza nos ofrece no Concello de Lalín. Trátase dunha serie de extensións de terreo poboadas principalmente de especies caducifóleas que conforman un ecosistema propio e singular.

Estas masas arbóreas vanse sucedendo unha tras outra orientadas dende o nordés cara o suroeste, pero poden entenderse como unha unidade. Así dende o outeiro do Coto van aparecendo fragas nos lugares de Portocelo, A Pereira, Penelas, Quiroga, As Zancas, Cardiego, Casas Vellas, e Cerredo.

Grazas ao seu aproveitamento tradicional, estas árbores chegaron ata os nosos días ofrecéndonos castañas, madeira, leña, cogumelos, follas secas no outono e sombra no verán. Polo tanto temos a obriga de conservalas e transmitilas ás xeracións vindeiras.

No ano 1954 visitou a fraga de Quiroga o fitopatólogo norteamericano Filippo Gravatt que quedou abraiado polos exemplares maxestuosos que alí atopou e propuxo a FAO a súa protección. Hoxe, esta fraga está declarada Monumento Natural dende o ano 2000, conservando aínda os que poden ser os castiñeiros máis altos de Europa.

Pero unha seria ameaza pende sobre este ecosistema. Un monstruoso proxecto de liña de alta tensión xa aprobado, quere levar por diante centos de árbores autóctonas na fraga de Casas Vellas. Se non fora pola mobilización dos veciños e de diversos colectivos, esta fraga estaría agora totalmente destruída. Así, ante a brutal insensibilidade da empresa eléctrica e dos gobernantes locais e autonómicos, constituíuse a Plataforma para a defensa da fraga de Casas Vellas que segue a promover mobilizacións e accións que impidan o que é un crime ecolóxico.

A día de hoxe as árbores seguen en pé grazas á resposta da cidadanía. Está en trámite unha iniciativa presentada no Concello de Lalín e no Parlamento de Galicia para declarar este lugar como espazo natural de interese local (ENIL), o que podería impedir a súa destrución.

A andaina que se describe a continuación, pretende amosar os valores naturais e paisaxísticos das fragas de Catasós, e asemade, o rico patrimonio histórico e arqueolóxico que hai ao seu arredor, todo elo para reclamar a súa protección integral.

Lalín, decembro do ano 2014.

MAPA DA ANDAINA

mapa fragas de catasós

DATOS TÉCNICOS:
– Distancia total: 15,6 quilómetros.
– Duración estimada: 4 horas.
– Dificultade: baixa
– Altitude mínima 530 metros.
– Altitude máxima 640 metros.
– Percorrido circular e ciclable.
PÓDESE DESCARGAR O ARQUIVO PARA GPS DENDE O SEGUINTE ENLACE:
http://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8517382

FRAGAS DE CATASÓS

20130929_114835

Catasós é unha das parroquias máis extensas do concello de Lalín. Nun documento do ano 1368 aparece nomeada como “couto de Casasoes”, e posiblemente estivo baixo o dominio do mosteiro de Carboeiro a partir do ano 1292. Nesta andaina pasaremos por varios dos seus lugares, a fraga de Casas Vellas, o souto de Cardiego, o castro e a igrexa de Catasós, a fraga de Quiroga, o Pazo de Don Freán e veremos muíños, cruceiros e outras mostras de arquitectura popular.

igrexa Lalín

Partimos de Lalín, xunto da placa que sinala o quilómetro cero de Galicia. Á nosa esquerda queda a praza da igrexa. Subimos pola rúa Xoaquín Loriga, a avenida de Bos Aires ata a rotonda de Fenosa. Imos pola N-525 en sentido Ourense e desviámonos á dereita pola pista que leva a Moneixas.

20141022_123026

De seguido botámonos aos camiños. As primeiras sendas lévannos ao lugar de Regoufe. Deixamos á esquerda o lavadoiro e imos polas casas desta aldea desviándonos entre elas á esquerda. Pasamos por entre granxas cara un pequeno río. Cruzamos unha pontella e adentrámonos xa na fermosa fraga de Casas Vellas.

20141022_112624

A andaina segue polo corazón desta fraga ameazada pola liña de alta tensión. Imos logo á esquerda cara o souto de Cardiego. Pasamos unha pequena lameira que atopamos no camiño e que no verán está case seca.

DSC01355-1

O camiño, vira á dereita, e segue en ascenso baixo as árbores ata chegar ao lugar de Antuín. Continuaremos á dereita, e de seguido por unha pista asfaltada ata o lugar de Barrio onde hai unha fonte. Aproveitando que un pouco máis arriba está o castro de Catasós é tamén interesante visitalo. Aínda se percibe ben o que podía ser a muralla e o foxo que defendían o recinto castrexo. O roteiro arrodea o castro e continúa ata chegar á igrexa parroquial de Catasós. Foi reconstruída no ano 1792, ten un retablo barroco e está adicada ao apóstol Santiago, que preside a súa fachada principal.

DSC01356-1
Baixamos cara o lugar da Cabreira. Pasamos xunto a Taberna do cazador. Atravesaremos a estrada nacional 525. Continuamos por un camiño que nos leva cara o monte. O chegar a unha encrucillada tomamos un ramal a esquerda e baixaremos ao centro da carballeira de Quiroga, declarada monumento natural.

DSC01605-1

Seguimos a ruta vendo muíños e atravesando o rego de Quintela. Pasamos por Belelle. Hai unha pequena capela. Continuamos logo cara a Celemín. Pasamos por entre as súas casas de aldea. Dende alí seguimos ata o lugar de Don Freán onde está un fermoso Pazo.

pazo donfreán
Continúa a ruta polo lugar de Outeiro. Pouco a pouco nos imos achegando a Lalín de arriba. Vemos un cruceiro e a igrexa de San Martiño. Finalmente baixamos pola rúa Monte Faro ata chegar ao punto de partida, o quilómetro 0.

SAMSUNG

A FRAGA DE CASAS VELLAS.

20141022_113129

Hai sobrados motivos para que esta fraga sexa declarada, cando menos, espazo natural de interese local (ENIL). Ademáis da súa beleza paisaxística e de contar con árbores centenarias, esta fraga é representativa do traballo feito polos nosos antergos seleccionando a variedade de castiñeiro mellor adaptada ao clima e as circunstancias desta comarca.

Na fraga de Casas Vellas houbo un viveiro de selección de variedades de castaña a finais do século XIX. O seu propietario foi plantando e seleccionando a mellor castaña, a de mellores cualidades e adaptación ao clima do Deza, e resistente ao chancro e a tinta. Trouxéronse árbores doutros lugares, pero non se afixeron tan ben e son máis afectadas polas pragas.

Negral, oural, abadá, pelada, temperá, patacuda, rañuda, son algúns dos nomes das variedades de castaña. Estes nomes seguramente variarán noutros lugares e comarcas. A Xunta de Galicia cita outras denominacións: amarelante, blanca, de parede, de presa, famosa, garrida, inxerta, longal, loura, luguesa, negral, picona, puga de afora, raigona, rapada e ventura. Todo iso é proba da variedade de especies existentes.

Un monstruoso proxecto de liña eléctrica de alta tensión (LAT), xa aprobado, que a multinacional Gas Natural Fenosa pretende construír, arrasará este espazo único que compón a fraga de Casas Vellas. A insensibilidade desta empresa, coa connivencia e aprobación das autoridades locais e autonómicas que emitiron informes favorables para a construción desta liña, é clamorosa. A sen razón é moi evidente, pois un trazado alternativo que se propón evitaría a destrución desta fraga.

A día de hoxe mantense a ameaza sobre este enclave, pois polo de agora só se falou dunha paralización temporal na construción desta instalación eléctrica.

CATASÓS, IGREXA E CASTRO

santiago v amp

Catasós é unha parroquia das mais extensas do Concello de Lalín. Comprende os seguintes lugares: Antuín, Barrio, Belelle, Cabreira, Casas Vellas, Catasós, Celemín, Cerredo, Covás, Donfreán, Puxallos, Quintela e Torguedo.

A igrexa parroquial foi reconstruída no século XVIII, no ano 1792, ten un retablo barroco e está adicada ao apóstol Santiago, que preside a súa fachada principal.

Pero aínda quedan as pegadas dos que puideron ser os habitantes primixenios deste lugar, pois preto da igrexa parroquial está o castro de Catasós. Os castros eran lugares amurallados onde se asentaba a poboación antes da chegada dos romanos no século I. Aínda se percibe ben o que podía ser a muralla e o foxo que defendían o castro. A cultura castrexa foi desaparecendo, sendo asimilada pola organización traída polos romanos, e a poboación pasou a vivir en aldeas.

Co tempo, arredor dos castros foron aparecendo lendas que falaban dos seus moradores, os “mouros”, e dos seus supostos tesouros, sendo os castros lugares que se consideraban encantados. As lendas asociadas ao castro de Catasós seguen a formar parte da tradición oral dos veciños.

Así escoitei deles unha historia que falaba dun home que deixou ceibos aos porcos. Os animais foron cara o castro e non voltaban. Cando os foi buscar, viu unha vella que lles estaba a dar de comer. O home, desconfiado, pensou que a muller queríalle levar os porcos e ofendeuse. Pero a “moura” dixo que só quería darlle de comer aos animais. En proba da súa boa vontade a vella fíxolle un regalo botando uns carbóns negros no seu sombreiro. O home, estrañado, voltou para a súa casa levando os animais, e aínda enfadado tirou os carbóns polo camiño. Xa na casa sacou o sombreiro e viu dentro del unha pedra de ouro. Correu buscar os carbóns que tirara polo camiño, pero xa desapareceran.

A FRAGA DE QUIROGA

IMG_1485

A fraga de Quiroga, tamén chamada carballeira de Quiroga ou fraga de Catasós, trátase dun bosque caducifolio mixto, principalmente conformado por castiñeiros e carballos, que ocupa case 5 hectáreas preto do lugar de Quintela, na parroquia de Catasós, dentro do Concello de Lalín.

Debido á súa singularidade e ao seu valor botánico e paisaxístico, a mediados do século pasado a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, reclamara a protección desta fraga. No ano 1998 foi adquirida pola Xunta de Galicia. Na actualidade ten a declaración de Monumento Natural dende o ano 2000, e algúns dos seus exemplares forman parte do catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Prantados a comezo do século XIX polos antepasados da familia Quiroga, estes castiñeiros, máis que polo seu froito, eran apreciados pola súa madeira. As longas trabes que facían falla na construción dos pazos necesitaban árbores esveltas. Así só se lles podaban as pólas, pero nunca se descabezaban, polo que algún destes exemplares acada os trinta metros de altura. Están considerados estes exemplares como os mellores e máis altos de Europa.

Esta fraga era unha das moitas propiedades dos donos do pazo de Quiroga. Tratábase dunha familia de labregos que foi progresando, xeración tras xeración, adquirindo propiedades e gañando influencia social. O segundo dos fillos dos Quiroga casou con dona Emilia Pardo Bazán no ano 1868, condesa e escritora, autora, entre outras, da novela Los Pazos de Ulloa, dicíndose que algún dos seus capítulos foi escrito no pazo de Quiroga.

O PAZO DE DONFREÁN

pazo donfreán

O pazo de Donfreán é o resultado de tres etapas construtivas. Houbo unha edificación primixenia. Despois, no século XVI, houbo unha reedificación aproveitando os materiais da construción anterior. E posteriormente, no primeiro tercio do século XVIII, engadiuse outra casa de nova creación, rematando a construción do conxunto no ano 1741. Destaca esta última fase que incorporou elementos suntuarios e decorativos de carácter barroco.

O edificio ten forma de U. No seu patio interior conta cunha preciosa escaleira de pedra con elementos barrocos. Orientada ao sur está a solaina con tres arcos. Tamén son destacables os escudos dos Oxea e de Montenegro que eran as familias que señorearon este lugar. Este pazo é propiedade privada e non é visitable.

O pazo de Donfreán tivo xurisdición civil e criminal, e gozaba de dereito de asilo ou refuxio. Así, aínda queda a pedra negra ou ferreña onde poñían a man os que solicitaban asilo.

Pazo deriva da expresión latina “palatium”. Un pazo é unha casa noble de carácter suntuario. Para entender o que é un pazo hai que partir das formas de propiedade e utilización da terra que había na idade media e, principalmente, a partir do século XVI. A igrexa e os grandes mosteiros eran donos de extensísimas posesións, de terras case despoboadas. Para a explotación destas terras, confiábase nuns fidalgos intermediarios a través da figura xurídica dos foros (separación da propiedade e do dominio útil que se cede a cambio dunha renda). Estes intermediarios subforaban as terras aos labradores, pero cargándoo cunha renda moi superior a cargo destes, polo que acumulaban rapidamente unha auténtica fortuna. Para a súa residencia no lugar en que señoreaban construían un pazo.

IGREXA DE SAN MARTIÑO

SAMSUNG

Esta igrexa pertence ao románico rural. Ten unha nave e unha ábsida rectangular, ventás en saeteira, canzorros e a entrada principal con arquivoltas sobre dous pares de columnas. No exterior, debaixo da ventá, hai unha inscrición en caracteres góticos que dí: era de 1485.

A igrexa actual está no lugar que ocupou o antigo mosteiro de San Martiño, fundado polo bispo de Mondoñedo Arias Pelaez a finais do século X e que debeu desaparecer a comezos do século XIV. A vila de Lalín nacería con posterioridade ao mosteiro para dar servizo a este. O mosteiro sería dúplice, tería estancias para homes e mulleres separadas por unha igrexa prerrománica, distinta da actual.

Antes do mosteiro, a mediados do século X, habería únicamente unha casa cunhas dependencias onde vivirían os servos e colonos dos Condes de Deza, que terían como misión repoboar e poñer a producir as terras da contorna. O nome de Lalín procede de “Lalinus”, que era un deses servos dos Condes.

Preto da igrexa de San Martiño hai un cruceiro datado en 1679. Por este lugar entran a Lalín os peregrinos que van cara a Santiago polo chamado Camiño de Inverno, unha ruta alternativa pensada para que os peregrinos soportasen mellor o rigor invernal, desviándose do Camiño Francés pola Ribeira Sacra, para despois continuar dende Lalín a Santiago pola Vía da Prata.

SAMSUNG

Bibliografía:

– “Lalín. La tierra de Deza”. Armando Vázquez Crespo. Editorial Everest S.A.

– “Pazos y moradas hidalgas de Deza”. César Gómez Buxán e Francisco Rubiá Alejos. Editado pola Excma. Diputación Provincial de Pontevedra.

– “Guía dos castros de Lalín”. Carmen Buxán. Editorial o trillón A.C. O Naranxo.

– “Os Castros de Lalín”. Antonio Presas García. Editado polo Seminario de Estudos de Deza.

– “Guia do Deza”. Luis Couto Lorenzo. Editorial Galaxia, S.A.

– “Manifesto para a defensa da fraga de Casas Vellas”. Martiño Nercellas Méndez.
https://www.youtube.com/watch?v=QuqPqUd-TEE&feature=youtu.be

– Xunta de Galicia. Turgalicia.
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=16827&ctre=5

– Faro de Vigo. El monasterio de Lalín de arriba. Antonio Vidal Neira. http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/01/19/monasterio-lalin/950595.html

Mosteiro de San Clodio.

tg_contido_lateral

En Leiro, na comarca do ribeiro, a metade de camiño entre O Carballiño e Ribadavia, atópase o mosteiro de San Clodio. Fixen dúas visitas a este lugar e de seguro que voltarei novamente na percura de novos pequenos detalles.

Este mosteiro foi declarado no ano 1931 Monumento Histórico Artístico Nacional. Actualmente emprégase coma hotel-monumento.

A orixe do mosteiro non está clara. Algunhas fontes sitúana no século VI. Apúntase por algún autor que poido ser fundado por monxes fuxidos do mosteiro de San Clodio de León perseguidos polos arrianos. Outros estudosos sinalan como data da súa fundación o ano 928. Nun primeiro momento foi un mosteiro benedictino e alcanzou prosperidade coma núcleo agrícola. No ano 1151 pasou a ser cisterciense.

Dende este mosteiro, impulsouse o cultivo da vide nesta zona. Seguramente foron os precursores do que é hoxe en día a denominación de orixe do Ribeiro. Na fachada do mosteiro pódese ver a cruz de Caravaca, coñecida como “Divina Reliquia” e venerada polos aldeáns para protexer as vides da sarabia.

Básicamente a edificación monacal consta de igrexa e dous claustros. Engado algunhas fotos a continuación, a espera dunha nova visita onde obteña outras de mellor calidade.

20141130_163120

20141130_162904

Claustro_del_Monasterio_de_San_Clodio_de_Leiro,_Ourense.

20141130_163548

O abandono derruba o Pazo de Bergazos.

derrube_br_IMG_1549

 Dende o outeiro no que se ergue a igrexa de Donsión, Gómez Gil Taboada e Beatriz Fernández de Gundín contemplan, dende as súas sepulturas, a agonía da que foi a súa casa, o Pazo de Bergazos. Do abandono pasamos ao derrube do que me decatei na miña última visita hai uns días, feito que reflexa ben as claras a fotografía superior.

Vexo, no fermosísimo libro de César Buxán e Francisco Rubiá, que o pazo dos Gil Taboada no lugar de Bergazos está declarado ben integrante do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Un, ignorante como son, pregúntase para qué serven estas rimbombantes declaracións se na práctica ninguén botou man deste histórico edificio para cando menos apuntalar e evitar o seu derrube. Un, indignado como tantos outros, pregúntase a qué se adican os que teñen as responsabilidades de promover a conservación e defender a riqueza do patrimonio histórico que temos en Lalín.

Esta casa foi fundada a finais do século XVI a partir do casamento de Gómez Gil Taboada con Beatriz Fernández de Gundín. Posteriormente foise consolidando co ascenso social de Gómez Gil Taboada ao servizo do Conde de Lemos. Os documentos históricos sinalan como data fundacional do vínculo e maiorazgo de Bergazos o día 20 de agosto de 1673, asimesmo nun capitel do pazo aparecía grabada o ano de 1672.

Ao seu valor histórico se engade tamén o seu mérito arquitectónico e artístico. Aínda queda medianamente ben conservada a pedra armeira da casa, así como a solaina e os seus fermosos capiteis. A ventá da esquina probablemente esté perdida, e o resto tamén se perderá se ninguén fai nada por evitalo.

 Bibliografía: Pazos y moradas hidalgas de la comarca del Deza. Cesar Gómez Buxán y Francisco Rubiá Alaejos.

Enlace a descripción do Pazo dentro da andaina a Donsión: https://dezarutas.wordpress.com/donsion/

Imaxes:

O Pazo de Bergazos antes do derrube:

pazo bergazos ventana br

Máis fotografías do estado actual (agosto 2014):

Foto 1:

derrube_br_IMG_1549

Foto 2:

derrube br foto 2

Foto 3:

derrube br foto 3

Foto 4:

derrube foto 4

Foto 5:

derrube foto 5

Perdido no labirinto.

6a014e6089cbd5970c014e60f4bd45970c

Perdido nun labirinto. Así estou nestes últimos tempos. Simplemente deixándome levar pola vida. Coma un simple espectador do que nos rodea. As veces parece que asoma ou se albisca unha idea colectiva de cambio social. Outras veces parece que a nosa civilización segue avanzando sen remedio cara o colapso. Os meus esforzos céntranse en sobrevivir día tras día e pouco máis.

 

Más proyectos en el horizonte.

SAMSUNG

Un momento de duda. Salir o descansar. Pesa la inactividad y las piernas se van cargando. Deberé incrementar los estiramientos. Al final salí por tercer día consecutivo a trotar y no me sentí mal. Me contaron por encima el recorrido que va a tener el Vilatuxe Trail y la verdad, es para pensarlo seriamente. Tiene muy buena pinta. La duda es si estaré en condiciones de afrontarlo el día 9 de marzo de 2014. El objetivo podría ser participar e intentar acabarlo sin machacarme mucho, tramos a trote y tramos andando. 33 kilómetros de monte pueden suponer casi tres horas de esfuerzo y ahora mismo no estoy para esos trotes. Bueno, iremos viendo. A seguir.

Hoy es siempre todavía.

rbwallpaperzg2

El camino más largo siempre empieza con un pequeño paso. Pero cuando das el segundo paso es cuando empiezas a notar la sensación de movimiento. Hoy es el día 2 y restan 89. Salir de nuevo a correr me ha sentado bien. Mejora mi ánimo. Siento latir mi corazón. El corazón es el último músculo que envejece. Hoy es siempre todavía.

Regreso al futuro.

cartelxv_2-270x188

Regreso?. Non sei. Únicamente sei que hoxe saín a trotar polo paseo Pontiñas e disfrutei trotando baixo a choiva. Correr, eso non era correr, evidentemente. Correr é outra cousa. Se cadra a “máquina” aínda ten algo dentro quén sabe. A veces pícame a curiosidade. Penso na última película de Rocky Balboa. Rocky, xa retirado, cae na conta que aínda queda algo polo que loitar. Supera a súa artrite e todos os estímulos negativos do seu entorno. E volve con dignidade e asombra a todos, e o máis importante, volta a sentirse feliz consigo mesmo. Se cadra dentro de… cinco minutos o penso mellor e borro este pensamento de voltar. Pero o caso é que puxen un CD dos oitenta e me inscribín para a Vig-Bay 2014. Alí estaban na miña conta algunhas probas de anos atrás e esas pequenas marcas feitas en populares que tanto me estimulaban. Vig-Bay 2014. Quedan noventa días, e noventa noites. ¿Qué serei capaz de facer en noventa días despois de máis de tres anos parado?. Se cadra a plusmarca persoal non pode ser moi boa, pero sí sería bonito voltar a sentirme deportista outra vez máis, cun dorsal, nunha liña de saída, cun reto por diante e unha ansiada liña de meta. Hoxe doume por ahí. Mañá se cadra pásame. Da igual. Como dí o Dalai Lama: só hai dous días que non existen no calendario, onte e mañá.

Buscando no baúl dos recordos…

Vig-Bay 2010. Media maratón ao sol entre Vigo e Baiona.

Ainda ando dándolle voltas pensando qué me pudo acontecer. Despois de adestrar bastante ben, esperaba obter un mellor resultado na Vig-Bay. O obxectivo era se cadra algo ambicioso de máis, pero a ilusión por correr esta proba a un ritmo de 4 minutos por quilómetro fixo que saise a un alto ritmo, cousa que acabei pagando. A partir do quilómetro 15  (levaba 1 hora 02 minutos) xa vin que non ía poder ser, e de non baixar o ritmo non houbera sido quen de chegar a meta en Baiona no quilómetro 21.

Non me arrepinto. Era o que tiña que facer. Arrisquei de máis, pero a “gloria” é para os audaces. Agora penso se foi a calor que sofrimos na parte final, os adestramentos, ou simplemente que a miña capacidade física ten limitacións. Pero da igual. Tentareino de novo en próximas ocasións.

Felicitar dende este blog a Ricardo Vázquez Vaamonde, que acadou a 14ª plaza cun tempo excelente.

Tamén destacar a Javi e Alfonso que remataron a proba en torno a 1 hora 28 minutos.

O meu compañeiro de adestramentos de estes días, Carlos, fixo unha boa media maratón xa que era a súa primeira carreira de este tipo, e co tempo irá a máis seguro.

Fran, Amigotxo, tamén estivo completando a proba e o seu rexistro do ano pasado (1 hora 26 minutos) segue sendo unha gran marca.

Agora toca pasar páxina e seguir adiante co resto das competicións que teño programadas.

O espectáculo debe continuar.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 123 seguidores